¡¡¡¡ATA SEMPRE!!!!
@S PEQUEVILOCH@S
SOMOS OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS DA ESCOLA DE VILARRODÌS E A NOSA MESTRA ISA.
"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"
María Montessori.
María Montessori.
lunes, 26 de junio de 2017
FIN DE CURSO
Mis queridos pequevilochiños xa rematou o curso, disfrutade moito do verán e non vos esquezades desta mestra que vos quere moito e que vos levará sempre no corazón. Vos desexo toda a felicidade do mundo e ás vosas familias...simplemente grazas!
¡¡¡¡ATA SEMPRE!!!!
¡¡¡¡ATA SEMPRE!!!!
miércoles, 21 de junio de 2017
XILÓFONO
Hoxe experimentamos co xilófono, tanto o seu son como a súa grafía por suposto que o que máis lles gustou foi tocalo.
martes, 20 de junio de 2017
AGASALLOS QUE CHEGAN AO CORAZÓN
Queridas mamis, moitas grazas polo voso agasallo, como xa vedes nas fotografías xa teño todo colocado e queda xenial!
Estou moi agradecida non só polo detalle senón por estes dous anos nos que foi un pracer traballar cos pequevilochos pero tamén con todas vos. Grazas pola vosa colaboración, por confiar en min e polo voso respecto.
Como di o título de esta publicación hai agasallos que chegan ao corazón...como o de hoxe.
¡Unha aperta enorme!

jueves, 8 de junio de 2017
ARTE
Estes días andamos a traballar e experimentar ca arte, concretamente a pintura, mediante o emprego de distintos elementos e distintas técnicas (pincel, técnica do goteo, plastilina, esponxiña, acuarelas,témperas, purpurinas, pegatinas, periódicos...) o obxectivo de estos cadros é que cada quen explore a súa capacidade artística, fomentando a imaxinación e a creatividade. Dáselles liberdade total para que cada quen decida o que quere plasmar e as cores a utilizar, simplemente se lles explica a técnica a seguir en cada cadro e o demáis, o importante, é cousa de elas e eles!
martes, 6 de junio de 2017
EXCURSIÓN
O pasado 2 de Xuño fixemos unha excursión do máis productiva xa que aprendimos a facer pan, marmelada de kiwi e sales de baño, supoño que daríades boa conta destes productos. Pasáronno de fábula e portáronse moi ben, todo o que sexa manipular e experimentar encántalles a estes pequevilochos!
VISITA DAS MAMÁS
Hola familias pequevilochas, aquí tedes as fotos da visita das mamás.
Quérovos felicitar e das as grazas por vir a compartir unha mañá con nós. Gustounos moito o conto das emocións e o batido estaba boísimo! Pero sen dúvida o mellor foi a vosa compaña, algún pequevilocho quedou algo tristeiro despois da despedida...é que nai non hai máis que unha!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)