"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.
Mostrando entradas con la etiqueta PROFE ISA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROFE ISA. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de junio de 2017

FIN DE CURSO

Mis queridos pequevilochiños xa rematou o curso, disfrutade moito do verán e non vos esquezades desta mestra que vos quere moito e que vos levará sempre no corazón. Vos desexo toda a felicidade do mundo e ás vosas familias...simplemente grazas!





























¡¡¡¡ATA SEMPRE!!!!

miércoles, 21 de junio de 2017

XILÓFONO

Hoxe experimentamos co xilófono, tanto o seu son como a súa grafía por suposto que o que máis lles gustou foi tocalo.





martes, 20 de junio de 2017

AGASALLOS QUE CHEGAN AO CORAZÓN

Queridas mamis, moitas grazas polo voso agasallo, como xa vedes nas fotografías xa teño todo colocado e queda xenial!

Estou moi agradecida non só polo detalle senón por estes dous anos nos que foi un pracer traballar cos pequevilochos pero tamén con todas vos. Grazas pola vosa colaboración, por confiar en min e polo voso respecto.

Como di o título de esta publicación hai agasallos que chegan ao corazón...como o de hoxe.

¡Unha aperta enorme!






jueves, 8 de junio de 2017

ARTE

 Estes días andamos a traballar e experimentar ca arte, concretamente a pintura, mediante o emprego de distintos elementos e distintas técnicas (pincel, técnica do goteo, plastilina, esponxiña, acuarelas,témperas, purpurinas, pegatinas, periódicos...) o obxectivo de estos cadros é que cada quen explore a súa capacidade artística, fomentando a imaxinación e a creatividade. Dáselles liberdade total para que cada quen decida o que quere plasmar e as cores a utilizar, simplemente se lles explica a técnica a seguir en cada cadro e o demáis, o importante, é cousa de elas e eles!




viernes, 21 de abril de 2017

SEMENTANDO



Ca chegada da primavera e do bo tempo é momento de facer as nosas labores do campo.

Por un lado na aula cortámoslles esqueixes á alegría da profe Mada, e puxémolos en auga en vasiños transparentes para ver estes días cómo lles medran as raíces. Unha vez que as teñan as plantaremos nunhas macetas que elas e eles mesmos pintaron. Querémoslle dar as grazas á profe Mada non só por prestarnos a súa planta senón tamén por darnos esta idea de actividade que xa tivera feito ela cos nenos e nenas doutra promoción.

















Despois fomos á nosa horta e ca axuda da profe Mada plantamos as leitugas.











Por último plantamos tamén as fresas nos nosos maceteiros, primeiro houbo que quitar hervas mortas e algunha pedra, despois remover a terra e logo botar terra nova e mezclala ca antiga.









Estas foron algunhas instantáneas da axetreada xornada.