"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

miércoles, 22 de marzo de 2017

REFUGALLANDO





Estes días andamos a facer moito traballo en prol do coidado do noso planeta, en concreto andámonos a concienciar, mediante talleres, da importancia da reciclaxe e da reutilización do material de refugallo.

O primeiro taller que fixemos foi o pasado xoves a cargo do concello de Arteixo. Primeiro escoitamos un conto de títeres, despois xogamos a tirar o lixo no contenedor correspondente e por último fixemos mascotas con material de refugallo.














Onte fixemos outro taller a cargo do Consorcio das Mariñas que consistía en reciclar papel. Gustoulles moito xa que este é un taller moi manipulativo e déronse conta da importancia de non malgastar e reutilizar o papel, cando seque o levarán para casa.












 ¡¡¡¡A RECICLAR E REUTULIZAR FAMILIAS!!!!


 


 

lunes, 13 de marzo de 2017

EDUCANDO NA PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR

Como xa vos comentei nunha publicación anterior, a raíz da celebración do día da paz comecei cos nenos e nenas un pequeno proxecto transversal ca temática da prevención do tan terriblemente de moda acoso escolar. 
  
Vou tratar de resumir neste post algunhas das actividades e xogos que facemos en prol da paz, da convivencia e do respecto, para fomentar valores como a amizade e a aceptación do outro.

O traballo con pequenos destas temáticas tan complexas cómpre facelo a través de contos xa que lles chega moi ben a información, de xeito moi visual...así pois ao longo destas semanas leínlle, falamos e debatimos partindo de contos tan bos e necesarios como:

ORELLAS DE BOLBORETA
LOLO, UN CONEJO DIFERENTE
NARIZ DE OURO
EL CAZO DE LORENZO
POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA
MIMÍ TOMATITO

Incluirei estes contos no préstamo da fin de semana para que reforcedes na casa o traballado na escola. 






Tamén aprendimos a canción de SE BUSCAN VALIENTES, do rapeiro Langui, encantoulles a canción e entenderon perfectamente o seu sentido (temos que ser valentes e defender aos débiles dos abusóns)

Visualizamos na PDI a curtametraxe titulada El regalo (por recomendación da profe Raquel) que vos suxiro que a vexades na casa, complementamos o visionado desta curtametraxe coa presentación duns bonecos moi especiais cos que xogarán a partires deste momento. Son bonecos que representan a persoas discapacitadas.








Aprendimos a dicir bos días en linguaxe de signos e tamén a aplaudir e a dicir os días da semana, cousa que lles encantou.







Para fomentar a cohesión grupal abrazámonos coma se fósemos pingÜíns polas mañás (gracias a os nenos e nenas de tres anos e a súa profe Bety por amosarnos esta técnica que consiste en permanecer abrazados durante uns minutos, mecéndonos para protexernos do suposto frío polar, tal e como fan os pingÜíns) e á salida facemos a ronda dos abrazos e repetimos alto e claro que...¡SOMOS UN EQUIPO!










Outra actividade que fixemos foi o agasallo do amigo invisible, repartimos papeliños e tiñan que facerlle un debuxo a aquela compañeira ou compañeiro que lles tocara, fixeron uns debuxos preciosos, o único que non foron quen de facer foi manter o segredo e en canto abrían o papeliño xa dicían en alto a quen tiñan que regalar! :)   












 

E por último repetimos a experiencia feita por a mestra inglesa Rosie Dutton para mostrarlles a nenas e nenos de infantil cómo os insultos e as burlas fannos dano "por dentro". 

  1. tendo dúas mazás dámoslle uns golpeciños a unha delas sen que o vexan os nenos.  
  2. Presentámoslles as dúas mazás aparentemente iguais ao alumnado
  3. A unha delas ( a que non foi golpeada) dicímoslle alagos e cousas boas, falámoslle ben e con respecto.
  4. Á outra (a que foi golpeada) insultámola e lle falamos mal, con burlas.
  5. Por  último abrimos as dúas mazás e comprobamos que a mazá que tratamos mal está machacada, "ten roto o corazón" mentres que a outra está en perfecto estado. 
 
PRESENTAMOS AS DÚAS MAZÁS

DESPÓIS DE TRATAR A UNHA BEN E A OUTRA MAL OBSERVAMOS E COMENTAMOS OS RESULTADOS, CLARAMENTE UNHA DELAS TEN O CORAZÓN ROTO, FÍXÉRONLLE DANO AS COUSAS MALAS QUE LLE DIXEMOS.

¡¡DESPOIS QUIXERON COMER AS MAZÁS!!





Continuaremos con este traballo transversal o resto do curso, isto é só unha pequena mostra. Prevenir as conductas de acoso é como unha carreira de fondo na que debemos participar da man a familia e a escola.