"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

viernes, 25 de noviembre de 2016

O MUNDO DE LARANXA

Con ocasión da celebración do DÍA INTERNACIONAL PARA Á ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER  fixemos unha sinxela actividade dentro da campaña EL MUNDO DE NARANJA promovida polo Secretario Xeral das Naciós Unidas. É un movemento laranxa que consiste nunha acción colectiva mundial pra dicir non á violencia contra as mulleres e as nenas, deixando de distintos modos pegadas laranxas. Nós como aínda somos pequenos e pequenas deixamos as nosas pegadas laranxas nun mural que quedará exposto para que todos os nenos e nenas da escola vexan a nosa repulsa á violencia.

Aínda que é un tema complexo non podemos deixar de tratalo na escola xa que como sociedade temos un problema importante cando non deixan de morrer mulleres a mans das súas parellas e os casos de maltrato comezan en idades cada vez mais temperás. Dende a escola e sobretodo dende a casa hai que educar tanto aos nenos como as nenas na paz e no respecto e mesmo facerlles entender que non deben consentir que se lles trate mal, e sobretodo hai que educalos e educalas en IGUALDADE.


Escoitamos o conto Rosa Caramelo e iniciamos unha charla no que manifestan que as elefantas (protagonistas do conto) e os elefantes deben ter os mesmos dereitos e non é xusto o que lles acontece ás elefantiñas. A continuación observan o conto libremente e conversan entre eles.

Despois falamos un anaco acerca das personas que nos queren (Din que son os seus pais, nais, avoas e avós, alguén fala tamén dos amigos e amigas) e a raíz de esta conversa chegamos ás seguintes conclusións.

  • A xente que nos quere dannos besos e abrazos.
  • A xente que nos quere dinnos quérote.
  • A xente que nos quere non nos pega nin nos insulta.
  • Se alguén nos pega e nos insulta é que non nos quere.  

Por último e mediante traballo cooperativo escribimos NO VIOLENCIA nun mural e pintamos as nosas mans de laranxa pra deixar a nosa pegada.


















RAQUEL E MAIS EU TAMÉN QUIXEMOS PARTICIPAR






miércoles, 23 de noviembre de 2016

ARCO DA VELLA





Onte Meli veu dicirnos que había un arco da vella no ceo e que veíase moi ben pola porta da escola. Sen dubidalo nin un segundo o fomos ver. De paso recordamos a causa de que se forme e as cores que ten, e despois simplemente disfrutamos do fenómeno, e recordamos o maravillosa que é a natureza que nos agasalla con fenómenos como este.


"PATXARANGUEANDO"

A semana pasada recibimos a visita do grupo musical Patxaranga, que conectaron inmediatamente cos nenos e nenas, conseguindo que estiveran enganchados durante toda a actuación. ¡Foi un concerto súper divertido! As nenas e nenos arrancáronse a bailar, axudaron con palmadas e golpes a facer a percusión e mesmo axudaron aos Patxaranga a compoñer unha canción.

Agradecemos ao Concello de Arteixo que subvencionara esta actuación. 









martes, 15 de noviembre de 2016

PROXECTO PIRATA





A idea de facer este proxecto xurdiu a raíz de escoitar a canción "PIRATAS" de Pablo Díaz, un tema que lles encanta e que sempre queren escoitar polas mañás. 

Así pois de xeito totalmente espontáneo xurdiu a conversa na que anotei que cousas querían aprender acerca dos piratas e tamén puiden comprobar cales eran as súas ideas previas acerca do mundo pirata.

Tendo en conta todo isto empezamos a traballar.

Decidimos mandar unha mensaxe nunha botella xa que o que todos maniferstaron na conversa previa é que querían coñecer a un pirata. Así que ao día seguinte trouxen á aula unha botella e na asamblea entre todos e todas decidimos o que íamos poñer na carta. Isto serviunos para traballar a expresión oral e a organizar correctamente as informacións que queremos transmitir ás personas cas cales nos comunicamos. Nun primer momento querían que na carta puxéramos "pirata ven", pero pouco a pouco e ca participación de todo o grupo clase e guiados por min conseguimos que a mensaxe fora un pouquiño mais elaborada e quedou así:
 "HOLA SOMOS NIÑOS Y NIÑAS DEL COLE DE VILARRODIS POR FAVOR VEN PARA ENSEÑARNOS A SER PIRATAS Y A BUSCAR UN TESORO EN NUESTRO COLE"








Despois só quedaba firmala e por ultimo levala ao mar, de iso encargueime eu  ;)

Ao cabo duns días recibimos unha mensaxe de audio dunha pirata que atopara no medio do mar a nosa carta embotellada. No audio dicía que tardaría dúas semanas en vir xa que estaba no mar do Caribe. Rápido apuntamos no calendario as dúas semanas que faltaban e mais buscamos no globo terráqueo o mar do caribe.

Como aínda faltaba moito decidimos preparar a nosa aula para a visita pirata e o primeiro que fixemos foi unha bandeira para que cando viñera soubera atoparnos.









Nos seguintes días aprendimos moito vocabulario do tema en parte grazas ás achegas da casa.











Fixemos moitos traballiños acerca do mundo pirata e decoramos a nosa aula. Xa só quedaba recibir a visita tan esperada.

Á volta da ponte de tódolos santos estabamos na asamblea e de pronto vimos a unha pirata no recreo! Tiña un mapa do tesouro e andaba na súa procura... En canto a viron puxéronse moi ledos e saímos a axudala. Contounos a súa histor¡a e díxonos que se chamaba Espada Sangrienta e que era a capitana do seu barco. Entre todos interpretamos o mapa e atopamos un tesouro agochado na nosa maceira.






Dentro do cofre estaba o tesouro, que consistía en preciosos aneis, ollos de piratas mortos, instrumentos musicais e mais un catalexo máxico.




Xa de volta en clase comimos os ollos de pirata que estaban boísimos e Espada Sangrienta falounos dos verdaderos tesouros do mar que é a fauna marina. Falounos do cabaliño de mar, dos mexillóns, das orcas, dos corais... 







Tamén nos contou cómo se vive nun barco pirata:

  • Os piratas sofren moitas enfermidades a causa da súa mala alimentación, unha destas enfermidades é o Escorbuto.
  • Cando algún ou algunha tripulante pirata marease e vomita isto é beneficioso xa que atrae aos peixes e aproveitan para pescar.
  • As piratas e os piratas comen moitos mexillóns que recollen do casco do barco.
  • Teñen que ter moito coidado cos cantos das sereas xa que quedan hipnotizados e poden afundir o barco.  
 Para ser uns auténticos piratas xa só quedaba aprender algúns movementos coa espada e quén mellor que Espada Sangrienta para que nos enseñe!







  Ao longo do curso manteremos o contacto con Espada Sangrienta que nos contará os lugares remotos que va coñecendo así como a fauna que por eses lugares se vaia atopando, deste xeito motivará e fomentará a nosa pasión por coñecer outros lugares e distintas especies animais do noso planeta.



Con esta visita puxemos fin a este proxecto tan motivador e divertido.....¡AO ABORDAXE!

Quero darlle as grazas á miña querida amiga Antía, unha estupenda bióloga e futura profesora, por prestarse a ser unha piratilla por unhas horas.... ¡¡MIL GRAZAS ESPADA SANGRIENTA!!