Ca chegada da primavera e do bo tempo é momento de facer as nosas labores do campo.
Por un lado na aula cortámoslles esqueixes á alegría da profe Mada, e puxémolos en auga en vasiños transparentes para ver estes días cómo lles medran as raíces. Unha vez que as teñan as plantaremos nunhas macetas que elas e eles mesmos pintaron. Querémoslle dar as grazas á profe Mada non só por prestarnos a súa planta senón tamén por darnos esta idea de actividade que xa tivera feito ela cos nenos e nenas doutra promoción.
Despois fomos á nosa horta e ca axuda da profe Mada plantamos as leitugas.
Por último plantamos tamén as fresas nos nosos maceteiros, primeiro houbo que quitar hervas mortas e algunha pedra, despois remover a terra e logo botar terra nova e mezclala ca antiga.
Estas foron algunhas instantáneas da axetreada xornada.