"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

martes, 27 de octubre de 2015

OS PEQUEVILOCHOS E O OUTONO

 Unha vez rematado o período de adaptación comezamos a traballar este pequeño proxecto do outono.


 
Como non poderìa ser doutro xeito, tivemos que saìr ao exterior e apreciar os cambios que a nova estación fai na nosa contorna e tal e como se titula o noso proxecto de Voz Natura, "Cos pes na terra", alà fomos a observar, tocar, ulir...en definitiva a conectar ca natureza.

RECOLLEMOS FOLLAS


OBSERVAMOS OS COGOMELOS. ¡OLLO! PODEN SER VELENOSOS




¡DE CANDO EN VEZ VEÑEN FAISÀNS DE VISITA!


Todas esas experiencias sensoriais traducìmolas logo en traballo manual e así comezamos a aprender algunhas técnicas plásticas tales como colorear, picar, pintar con pincel, pintar cos dedos, rasgado e pegado de papel... todo isto sèrvenos para mellorar a nosa grafomotricidade fina.


PINTAMOS COS DEDOS

PEGAMOS PAPEIS E PUNTEAMOS COS DEDOS



PINTAMOS CON PINCEL FOLLAS DE OUTONO



¡AS NOSAS FOLLAS CONVÈRTENSE EN PANTASMAS DO SAMAÌN!

APRENDEMOS A PICAR





Tamèn probamos algùns froitos tìpicos desta estación que eu mesma recollìn nos meus paseos polo campo, co cal son productos 100% ecolòxicos.

                 Probamos figos, peras, mazàs,uvas e noces.







 
 

Aprendemos poesías e canciòns do outono o cal enriquece o noso vocabulario e mellora a nosa memoria e introducìmonos no coñecemento dunha celebración popular que è o Samaìn, grazas a algùns contos da biblioteca da escola como son"Os Bolechas van a festa dos calacùs"...


 
DECORAMOS A ESCOLA COS NOSOS TRABALLOS

OBSERVAMOS OS CALACÙS QUE TROUXÈCHEDES DA CASA
 
 
 
Preparamos aos bonecos da nosa aula para a nova estación e así traballamos vocabulario: chuvasqueiro, botas de auga, manoplas, bufanda...
 
 
 
 
 
 
Coñecemos aos caracois da aula de catro anos, eles xa son todos uns expertos e màis adiante viràn contarnos todo o que investigaron acerca dos seus caracois. Nòs como aìnda somos pequenos conformàmonos con observalos e tocalos con coidado e respecto.
 
 
 
 
 
 
 
 Con todo o traballado fixemos un pequeño libro do outono que pronto levaràn para casa.
 
 
Pronto vos seguiremos informando das aventuras destes Pequevilochos. ¡Ata pronto familias!