Unha vez rematado o período de adaptación comezamos a traballar este pequeño proxecto do outono.
Como non poderìa ser doutro xeito, tivemos que saìr ao exterior e apreciar os cambios que a nova estación fai na nosa contorna e tal e como se titula o noso proxecto de Voz Natura, "Cos pes na terra", alà fomos a observar, tocar, ulir...en definitiva a conectar ca natureza.
|
RECOLLEMOS FOLLAS |
|
OBSERVAMOS OS COGOMELOS. ¡OLLO! PODEN SER VELENOSOS |
|
¡DE CANDO EN VEZ VEÑEN FAISÀNS DE VISITA! |
Todas esas experiencias sensoriais traducìmolas logo en traballo manual e así comezamos a aprender algunhas técnicas plásticas tales como colorear, picar, pintar con pincel, pintar cos dedos, rasgado e pegado de papel... todo isto sèrvenos para mellorar a nosa grafomotricidade fina.
|
PINTAMOS COS DEDOS |
|
PEGAMOS PAPEIS E PUNTEAMOS COS DEDOS |
|
PINTAMOS CON PINCEL FOLLAS DE OUTONO |
|
¡AS NOSAS FOLLAS CONVÈRTENSE EN PANTASMAS DO SAMAÌN! |
|
APRENDEMOS A PICAR |
Tamèn probamos algùns froitos tìpicos desta estación que eu mesma recollìn nos meus paseos polo campo, co cal son productos 100% ecolòxicos.
Probamos figos, peras, mazàs,uvas e noces.
Aprendemos poesías e canciòns do outono o cal enriquece o noso vocabulario e mellora a nosa memoria e introducìmonos no coñecemento dunha celebración popular que è o Samaìn, grazas a algùns contos da biblioteca da escola como son"Os Bolechas van a festa dos calacùs"...
|
DECORAMOS A ESCOLA COS NOSOS TRABALLOS |
|
OBSERVAMOS OS CALACÙS QUE TROUXÈCHEDES DA CASA |
Preparamos aos bonecos da nosa aula para a nova estación e así traballamos vocabulario: chuvasqueiro, botas de auga, manoplas, bufanda...
Coñecemos aos caracois da aula de catro anos, eles xa son todos uns expertos e màis adiante viràn contarnos todo o que investigaron acerca dos seus caracois. Nòs como aìnda somos pequenos conformàmonos con observalos e tocalos con coidado e respecto.
Con todo o traballado fixemos un pequeño libro do outono que pronto levaràn para casa.
Pronto vos seguiremos informando das aventuras destes Pequevilochos. ¡Ata pronto familias!
OS papas de Uxia estamos desexando ver o libro do outono. Canto traballan éstes peques!!!.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarTraballaron e disfrutaron moito, son moi aplicadiños estes pequevilochos!
ResponderEliminar