Na escola xogamos con crebacabezas habitualmente xa que son unha importante ferramenta na aprendizaxe educativa.
Cando fan un crebacabezas os nenos e nenas traballan a coordinación óculo-manual e a motricidade fina, pero ademais disto fan os seus primeiros razoamentos lóxicos; o sentido da correspondencia ou non correspondencia así como lograr organizar as formas espaciais. Tamén se practica a observación, a comparación...
De momento os crebacabezas cos que traballamos son moi sinxelos pero á medida que avance o curso ofrecereilles outros máis complexos para facer tanto de xeito individual como en equipo fomentando así o traballo cooperativo.
Cando rematan o crebacabezas séntense satisfeitos co cal uméntase a súa autoestima.
Dende aquí vos fago a recomendación de que fagades crebacabezas cos vosos fillos e fillas, pode ser unha boa afición que une á familia sobretodo a medida que van medrenado e os poden ir facendo cada vez máis complexos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario