"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

martes, 2 de febrero de 2016

DíA DA PAZ

O pasado venres celebramos o Día da Paz na escola. Para conmemorar esta data pensamos que o mellor sería xuntarnos e festexar todos e todas ben mesturadiños.

Fomos á biblioteca e presenciamos a dramatización que fixeron as nenas e nenos da aula de 5 anos do conto "Dos monstruos". Fixéronno moi ben, este conto é perfecto para ilustrar o xeito en que ás veces enfadámonos por auténticas parvadas e que é moito mellor vivir en paz que andar sempre buscando motivos polos que pelexar. A continuación recitaron unha poesía.

Despois eu mesma lles contei un conto tituado "Monstro pequeno di non". No conto o monstro pequeno ten que ter valor para non se deixar abusar e mesmo non ser indiferente cando ve que alguén fai algo que non está ben; temos que saber dicir...¡NON!

Logo cantamos a canción de Pablo Díaz "Toc, toc" e rematamos repartindo apertas por doquier!

Xa na aula de psicomotricidade xogamos ao xogo das cadeiras cooperativas, este xogo é una modificación do tradicional xogo das cadeiras pero a diferenza radica en que aquí non hai perdedores senón todo o contrario, o importante é que ninguén quede sen cadeira e cando xa non chegan para todos téñense que axudar uns a outros colléndose no colo e abrazándose.

Como non podería ser de outro xeito, as festas, se non van acompañadas de algo co que encher a panza non son festas e  puxémonos as botas a base de flocos  de millo.

Aquí vos deixo algunhas fotos da xornada. No resto de blogues da escola poderedes ver mais fotos.























No hay comentarios:

Publicar un comentario