"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

viernes, 12 de febrero de 2016

RECICLAXE E CONTACTO CA NATUREZA



O pasado xoves aprobeitando o fermoso día que tivemos, saímos a reciclar o papel que tiñamos acumulado na nosa papeleira de reciclaxe e concienciar así ás nenas e nenos da importancia de cuidar a natureza.

Saímos a reciclar no contenedor azul  de  papel e  cartón.

Levounos un bo rato xa que de cando en vez andábamos despistados ao ver uns operarios do concello cortar as palmeiras  de en frente da escola. Non sabemos o motivo pero puxémonos un pouco tristeiros.

Despois fomos ver o río que temos a carón da escola xa que con estes días tan chuviosos vai moi cheo de auga e fai moito ruido.

Quedamos sorprendidos de comprobar que a pesares de estar en inverno no noso campo están saíndo margaridas. Expliqueilles que o tempo anda medio tolo por mor da contaminación.

A continuación quíxenlles mostrar unha planta que seguro coñeceredes, a cortaderia herbe da pampa. É una planta invasora que está destruíndo os nosos ecosistemas. ¡E no noso recreo temos dúas! Dende a escola ímoslle pedir ao concello que as veñan cortar.

De volta na clase e para quentar motores para o antroido disfrazámonos cos disfraces que temos para xogar.
















 




 





 

2 comentarios:

  1. pero que nenos e nenas tan espontáneos!! ENCÁNTAMEEE!!!

    ResponderEliminar
  2. Espontáneos son dabondo! e non lles quitemos iso, xa terán tempo de formalismos!

    Saúdos compi!

    ResponderEliminar