O pasado venres 27 de Maio fomos de excursión ao Muncyt onde puidemos aprender moitas cousas.
O primero que fixemos ao chegar alí foi un helicóptero de papel, cando xa o tiñamos rematado puxémolo a voar, as vistas dende a sala onde traballamos eran espectaculares!
A continuación tivemos unha interesante charla con dous robots na que lles contamos que na escola tamén hai dous robots aínda que máis pequeniños.
Logo puidemos dar un paseo polo museo vendo cousas tan inetersantes como os fotogramas de Brancaneves, os primeiros ordenadores...etc,pero o que máis nos gustou foi entrar nun avión e sentarnos como auténticos pasaxeir@s.
Estamos desexando facer outra excursión!
Por outra banda na escola xa empezamos a recoller os rabanitos que plantáramos con Bety.
No hay comentarios:
Publicar un comentario