"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

jueves, 23 de junio de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO.


 "El sólo hecho de que nos hayamos conocido, me hace muy feliz, al menos a mí. Y estaré feliz el tiempo que tenga el placer de tu compañía, así sean diez minutos, dos años o treinta años..."

El principito. Saint-Exupéry.

 
Onte celebramos a festa de fin de curso para despedir o ano escolar. 

O primeiro que fixemos foi ir á biblioteca para inaugurar a recente reforma que consistiu en renovar todo o mobiliario, pintar as paredes e redestribuir o espazo. Quedounos preciosa  e a os nenos e nenas encantoulles. Alí despedímonos ata o curso que ven de Pataquiño a nosa mascota que xa o coñeceredes polas bolsas de préstamo da fin de semana e a continuación, a profe Meli contounos un conto e visualizamos outro pequeno contiño na PDI.

Logo saímos ao patio onde o profe Juan deulles aos nenos e nenas un concertiño acompañado polo seu pai, explicoulles a diferenza entre a guitarra eléctrica e o baixo.

Por último merendamos xuntos e non paramos de xogar ata ahora de marchar sen olvidarnos de despedirnos dos nenos e nenas de cinco anos aos que lles desexamos moita sorte...ímolos extrañar!

Espero que pasedes un verano estupendo e que poidades disfrutar das vosas fillas e fillos ao máximo, quérovos dar as grazas pola vosa colaboración, polo voso bo trato e por prestarme o máis valioso que tedes;como se soe dicir, para o curso que ven, máis e mellor!! ¡UNHA GRANDE APERTA FAMILIAS!






















 ¡ATA PRONTO!

4 comentarios: