"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

martes, 27 de septiembre de 2016

MATEMARTE





Iniciamos o curso facendo un repaso do aprendido o ano pasado, empezando polas formas xeométricas e como  non hai mellor xeito de aprender que xogando, pois iso mesmo fixemos, xogar con triángulos, círculos, rectángulos e cadrados. 

As formas xeométricas recorteinas eu de restos de cartulina sobrante de outros traballiños, aquí intentamos aproveitar ao máximo tódolos recursos que temos ao noso alcance seguindo a máxima RRR, Reducir, Reciclar,Reutilizar.

Con todas as formas que tiñan empezaron a manipular e a crear; fixeron casas, coches, caras, xelados...todo o que se lles ocorría. Despois de xogar un rato cas formas na mesa fixeron un colage totalmente libre, sen que se lles dera ningunha indicación e quedoulles unhas obras de arte cas formas ben bonitas que están expostas no corredor da escola.













viernes, 23 de septiembre de 2016

BENVIDO CURSO 2016-2017



Mamis e papis quérovos dar a benvida ao novo curso, espero que este ano sexa moito mellor que o anterior, que os nenos e nenas o disfruten e que aprendan moitas cousas!

O blogue seguirá funcionando do mesmo xeito que o ano anterior, de cando en cando vos amosarei algunhas das actividades que facemos para que vos fagades unha idea de cómo é o noso día a día e para que disfrutedes vendo ás vosas fillas e fillos.

Unha aperta!


VOUTE CONTAR UN CONTO

Cada día despois de merendar temos o hábito  de "ler" os contos da nosa biblioteca de aula, contos que cada pouco tempo imos renovar á biblioteca da escola.

Este é un momento importante dentro da nosa rutina diaria no que estamos fomentado o gusto pola lectura e hábitos de coidado e respecto polos libros, xa que despois de ler entre todos teñen que colocar os contos, tratalos con coidado e mesmo avisar se algún libro co uso deteriorouse.

A adquisición da lectoescritura non é algo que suceda dun día para outro, é un proceso e como tódolos procesos pasa por diferentes etapas e momentos. Agora mesmo cando collen un libro fan o que se chama lectura de imaxes, que consiste en observar e interpretar as imaxes que ven nos contos e inventar un texto. Ademais da lectura de imaxes como xa coñecen algunhas letras, gústalles descubrilas nos textos, é dicer estanse iniciando no proceso lector.

Para que todo isto sexa posible é necesario que o hambiente sexa relaxado e tranquilo para que así poidanse concentrar na tarefa e por iso pedínvos que trouxérades os bonecos da casa. Cunha música relaxante de fondo e os seus bonecos concéntranse máis na lectura.