Cada día despois de merendar temos o hábito de "ler" os contos da nosa biblioteca de aula, contos que cada pouco tempo imos renovar á biblioteca da escola.
Este é un momento importante dentro da nosa rutina diaria no que estamos fomentado o gusto pola lectura e hábitos de coidado e respecto polos libros, xa que despois de ler entre todos teñen que colocar os contos, tratalos con coidado e mesmo avisar se algún libro co uso deteriorouse.
A adquisición da lectoescritura non é algo que suceda dun día para outro, é un proceso e como tódolos procesos pasa por diferentes etapas e momentos. Agora mesmo cando collen un libro fan o que se chama lectura de imaxes, que consiste en observar e interpretar as imaxes que ven nos contos e inventar un texto. Ademais da lectura de imaxes como xa coñecen algunhas letras, gústalles descubrilas nos textos, é dicer estanse iniciando no proceso lector.
Para que todo isto sexa posible é necesario que o hambiente sexa relaxado e tranquilo para que así poidanse concentrar na tarefa e por iso pedínvos que trouxérades os bonecos da casa. Cunha música relaxante de fondo e os seus bonecos concéntranse máis na lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario