"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

jueves, 20 de octubre de 2016

APRENDEMOS A PENSAR EN CONTACTO CA NATUREZA





Hoxe saímos a valeirar a nosa papelera de reciclaxe de papel e cartón. Cando rematamos fomos dar un paseo polo noso xardín e  a observar á natureza. O certo é que aprendimos moitas cousas.



De cando en vez variamos os lugares e os ambientes de aprendizaxe para motivar e incentivar aos nenos e nenas.

Miramos os cambios que a nova estación comeza a facer na paisaxe, a caída das follas, o xeo na herva e nas teas de araña... hoxe a pesar de ser un día soleado a herva estaba mollada e chegamos á conclusión de que é polo frío e pola xeada da noite e non porque fora auga da choiva como creían nun primer momento.

 
ATOPAMOS FOLLAS QUE AÍNDA ESTABAN XEADAS COMO ESTA,  NA FOTO NON SE APRECIA BEN.






Mirando o ceo vimos as estelas deixadas por avións e facían cruces e aspas no ceo.




Descubrimos un niño de insectos parecidos ás xoaniñas e dos cales descoñecemos o nome (cousa que temos pendente de investigar) e quedamos abraiados ao descubrir que teñen debuxados nos seus corpos dous círculos e un triángulo!!!





Cando xa empezábamos a crer que non atoparíamos cogomelos, atopamos uns con forma circular...contámolos entre todas e todos, eran nove.




Despois fomos de visita ao lugar onde plantamos as nosas árbores e quedamos moi ledos ao descubrir que á maceira que plantamos estanlle saíndo follas...agora queren que empece a dar mazás pero para iso van ter que esperar...

POLO CAMIÑO ATOPAMOS TOUPEIRAS.

¡A NOSA MACEIRA!


De novo atoparon cogomelos, éstes máis pequeniños, aínda así comparamos  o mais grande co mais pequeno deles.



FORA DA ESCOLA HABÍA COGOMELOS MOI PERO QUE MOI GRANDES


Recollimos tamén plumas de paxaro e algo co que non contábamos...unha cuncha de mexillón.



 
FOMOS ONDA AS HERVAS AROMÁTICAS QUE PLANTARAN CON BETY...QUÉ BEN ARRECENDEN, LEVARON UN ANAQUIÑO PARA PERFUMAR AS MOCHILAS E LEVAR PARA CASA.




De volta na aula clasificamos as plumas, primeiro pola cor e despois polo seu tamaño.





O tema do mexillón serviunos de motivación para iniciar unha charla filosófica acerca da procedencia e da causa pola cal estaba no noso xardín.

  • Primeiro observamos e démonos conta de que só estaba a cuncha...do mexillón en sí non quedaba nada.     
  • A continuación falamos da procedencia, onde viven os mexillóns, na area ou nas rochas, en auga de río ou de mar.... Eles soíños mediante xogo de preguntas chegaron á conclusión de que a pesar de ter area e un regato a carón da escola era imposible que alí nacese xa que necesitan rochas e auga de mar.
  • Daquela só nos quedaba averiguar qué facía alí. A hipótese de Karim é que un neno o tirou no noso patio xa que non tiña unha papelera ou ben o lanzou cun corno unha vaca que andaba pastando polas cercanías da escola. Matías dixo que poido vir voando nunha folla do outono e Aroa pensou que máis que nunha folla a traería un paxaro, Uxía dixo que un águia pero vendo ás plumas que atopamos logo pensamos que sería dunha gaivota. Nunca saberemos o que pasou en realidade, nin importa. Non hai respostas acertadas, simplemente o feito de darlle voltas ás ideas e abstraerse inventando posibilidades e logo argumentalas é moi positivo para o seu desenvolvemento intelectual.  Este tipo de actividades fomenta a imaxinación e o pensamento lateral.


AÍNDA ARRECENDE A MAR

 ¡Menuda sorte temos de ter esta escola cun xardín tan grande que nos permite aprender moitas cousas dun xeito tan lúdico e significativo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario