Hoxe celébrase o Día da Muller, nin é necesario explicar o porqué da celebración desta data que pra nós supón a posta en marcha do mes da muller. Ao longo deste mes aprenderemos os nomes, as vivencias, os descubrimentos e as aportacións á sociedade dun montón de mulleres de hoxe e da nosa historia co fin de que as nenas e os nenos tamén teñan referentes femeninos nos que mirarse e co fin de entender e aprender que a historia da humanidade ten tamén nome de muller.
Hoxe empezamos este traballo recordando o conto do País dos Mandóns que xa o coñecían e falando acerca da importancia de vivir en igualdade e de compartir as tarefas domésticas.
Acontinuación e aproveitando a motivación que teñen pola música e polos instrumentos musicais coñecimos a unha muller galega chamada Cristina Pato que é gaiteira, escoitamos e bailamos ao son da súa música e lle puxemos cara véndoa na PDI. Logo plasmamos esta aprendizaxe nunha ficha que formará parte dun cuaderniño que cando estea rematado o levarán para casa. Este é un traballo que facemos en colaboración ca biblioteca da escola con Meli como coordinadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario