O VINDEIRO MARTES 23 DE FEBRERO ÁS 16 HORAS HABERÁ NA ESCOLA UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS NAIS E PAIS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN NO CURSO 2016-2017. O OBXECTIVO DESTA XORNADA É DAR A COÑECER A NOSA ESCOLA E O SEU FUNCIONAMENTO.
"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"
María Montessori.
María Montessori.
viernes, 19 de febrero de 2016
ENTROIDO 2016
Este curso celebramos o Entroido do mesmo xeito que o curso pasado xa que resultou unha grata experiencia para os cativos e cativas.
En primeiro lugar fixemos unhas fotos individuais para a continuación disfrutar dun desfile no que puidemos ver os disfraces de todos os nenos e nenas da escola que lles apeteceu desfilar, pois non era obligatorio.
Despois mesturámolos e fixeron dous talleres, no primeiro facían xogos cooperativos e no segundo un antiface que logo levaron a casa.
Por último merendamos todos e todas xuntas as tradicionais orellas e fomos ó recreo a xogar e correr.
Vos deixo algunas imaxes da xornada.

viernes, 12 de febrero de 2016
RECICLAXE E CONTACTO CA NATUREZA
O pasado xoves aprobeitando o fermoso día que tivemos, saímos a reciclar o papel que tiñamos acumulado na nosa papeleira de reciclaxe e concienciar así ás nenas e nenos da importancia de cuidar a natureza.
Saímos a reciclar no contenedor azul de papel e cartón.
Levounos un bo rato xa que de cando en vez andábamos despistados ao ver uns operarios do concello cortar as palmeiras de en frente da escola. Non sabemos o motivo pero puxémonos un pouco tristeiros.
Despois fomos ver o río que temos a carón da escola xa que con estes días tan chuviosos vai moi cheo de auga e fai moito ruido.
Quedamos sorprendidos de comprobar que a pesares de estar en inverno no noso campo están saíndo margaridas. Expliqueilles que o tempo anda medio tolo por mor da contaminación.
A continuación quíxenlles mostrar unha planta que seguro coñeceredes, a cortaderia herbe da pampa. É una planta invasora que está destruíndo os nosos ecosistemas. ¡E no noso recreo temos dúas! Dende a escola ímoslle pedir ao concello que as veñan cortar.
De volta na clase e para quentar motores para o antroido disfrazámonos cos disfraces que temos para xogar.
martes, 2 de febrero de 2016
DíA DA PAZ
O pasado venres celebramos o Día da Paz na escola. Para conmemorar esta data pensamos que o mellor sería xuntarnos e festexar todos e todas ben mesturadiños.
Fomos á biblioteca e presenciamos a dramatización que fixeron as nenas e nenos da aula de 5 anos do conto "Dos monstruos". Fixéronno moi ben, este conto é perfecto para ilustrar o xeito en que ás veces enfadámonos por auténticas parvadas e que é moito mellor vivir en paz que andar sempre buscando motivos polos que pelexar. A continuación recitaron unha poesía.
Despois eu mesma lles contei un conto tituado "Monstro pequeno di non". No conto o monstro pequeno ten que ter valor para non se deixar abusar e mesmo non ser indiferente cando ve que alguén fai algo que non está ben; temos que saber dicir...¡NON!
Logo cantamos a canción de Pablo Díaz "Toc, toc" e rematamos repartindo apertas por doquier!
Xa na aula de psicomotricidade xogamos ao xogo das cadeiras cooperativas, este xogo é una modificación do tradicional xogo das cadeiras pero a diferenza radica en que aquí non hai perdedores senón todo o contrario, o importante é que ninguén quede sen cadeira e cando xa non chegan para todos téñense que axudar uns a outros colléndose no colo e abrazándose.
Como non podería ser de outro xeito, as festas, se non van acompañadas de algo co que encher a panza non son festas e puxémonos as botas a base de flocos de millo.
Aquí vos deixo algunhas fotos da xornada. No resto de blogues da escola poderedes ver mais fotos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)