A obra lles narra aos nenos e nenas a difícil situación que sofren unha familia de camélidos cando o seu pobo é atacado por unhas serpes que o queren destrozar. Esta familia ten que fuxir do seu fogar e tras unha longa viaxe chegan a Arteixo onde son acollidos.
Mediante esta sinxela obriña achegamos aos nenos e nenas á desgraciadamente tan actual crise dos refuxiados e ao feito migratorio en xeral Simplemente querémoslle trasmitir aos nenos e nenas o medo que senten estes camélidos, o mal que o pasan durante o camiño e que por fin cando chegan son acollidos. Pola idade do alumnado non debemos nin queremos meternos mais en profundidade nunha temática tan complexa.
DE VOLTA NA AULA COLOREAMOS UN DEBUXO E FALAMOS DAS DIFERENZAS ENTRE CAMELO ((DÚAS CORCUNDAS) E DROMEDARIO (UNHA), AMBOS DA FAMILIA DOS CAMÉLIDOS. |
ADIÓS, RÍOS, ADIOS, FONTES
Cantares Galegos, 15
ROSALÍA DE CASTRO
Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario