"El teatro es la poesía que se levanta del libro y se hace humana. Y al hacerse humana, habla y grita, llora y se desespera."
Federico García Lorca.
Esta semana estamos que non paramos, fixemos dúas excursións.
A primeira foi ao TEATRO DO ANDAMIO, fomos ver a obra titulada Caperucita no desván. É unha adpatación do conto tradicional ao que a compañía teatrtal dalle unha volta que nos pareceu moi interesante. Nesta versión non se mata ao lobo que o pobre non é malo, simplemente ten fame, así que Carapuchiña e a súa avoa ensinanlle a cociñar e fanse amigos. Gustannos moito as versións de contos que se fan no TEATRO DO ANDAMIO e por eso tódolos anos repetimos. Cando rematou a obra quixéronnos felicitar polo ben que se portaron, as mestras sentímonos moi ledas por esta felicitación.
A outra excursión que fixemos foi á BIBLIOTECA DO FROXEL. Alí a fada Pizpireta dramatizou tres historias para as cales precisou axuda dos nenos e nenas que estiveron encantados de colaborar. Unha vez mais felicitáronnos polo noso comportamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario