LA PRIMAVERA XXV
Hay veces que despierto sin ganas de levantarme pero al ver la belleza de las flores por la mañana, el calor del campo, salgo y canto, y le doy gracias a Dios por darme un día como ese, en el que me hacía feliz ver el hermoso paisaje que me ofrecía el campo.
Platero y yo. Juan Ramón Jiménez.
Pra darlle a benvida á primavera fixemos un precioso mural que nos levou moito traballo e dedicación pero o pasamos pipa e serviunos para traballar varias técnicas e conceptos.
Faleilles dun home que se adicaba a pintura ese home é nada máis e nada menos que Kandinski (menudo nome para que aprendan!) pois Kandinski empregaba moito as cores nos seus cadros e tiña unnha particular forma de facer flores, empregando círculos concéntricos. Nós, coma él, aprendemos a facer así as flores que mais adiante pegaremos no noso mural, repasamos as cores que xa coñecemos perfectamente e repasamos tamén a forma xeométrica do círculo e practicamos a facer círculos que non é tan doado como parece.
Despois toca pasar ao mural propiamente dito. Primeiro facemos o fondo e pra iso dividímonos en dous grupos, libremente formados, escollendo a cor que prefiren entre o azul do ceo e o verde da herba. Unha vez decididos pintamos con esponxiña.
A continuación tócalle o turno a árbore que estará repleta de flores. Con moito coidado a pintamos cun pincel e sentímonos auténticos pintores e pintoras como Kandinsky pintando de pé.
Só queda pegar as flores na árbore que previamente fixéramos nas mesas de xeito individual.
A nosa árbore quedou moi fermosa, puxémola no corredor da escola para que todo o mundo poida disfrutala.
Dedícolle esta publicación á miña querida amiga Zulima, unha estupenda mestra e unha mellor amiga, por deixarme prestada esta idea!
Que ben o pasan pintando
ResponderEliminarQue ben o pasan pintando
ResponderEliminarBonito traballo Isa, quedoulles precioso !!!
ResponderEliminarEstán feitos uns artistas!!
ResponderEliminar