"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

jueves, 23 de junio de 2016

FESTA DE FIN DE CURSO.


 "El sólo hecho de que nos hayamos conocido, me hace muy feliz, al menos a mí. Y estaré feliz el tiempo que tenga el placer de tu compañía, así sean diez minutos, dos años o treinta años..."

El principito. Saint-Exupéry.

 
Onte celebramos a festa de fin de curso para despedir o ano escolar. 

O primeiro que fixemos foi ir á biblioteca para inaugurar a recente reforma que consistiu en renovar todo o mobiliario, pintar as paredes e redestribuir o espazo. Quedounos preciosa  e a os nenos e nenas encantoulles. Alí despedímonos ata o curso que ven de Pataquiño a nosa mascota que xa o coñeceredes polas bolsas de préstamo da fin de semana e a continuación, a profe Meli contounos un conto e visualizamos outro pequeno contiño na PDI.

Logo saímos ao patio onde o profe Juan deulles aos nenos e nenas un concertiño acompañado polo seu pai, explicoulles a diferenza entre a guitarra eléctrica e o baixo.

Por último merendamos xuntos e non paramos de xogar ata ahora de marchar sen olvidarnos de despedirnos dos nenos e nenas de cinco anos aos que lles desexamos moita sorte...ímolos extrañar!

Espero que pasedes un verano estupendo e que poidades disfrutar das vosas fillas e fillos ao máximo, quérovos dar as grazas pola vosa colaboración, polo voso bo trato e por prestarme o máis valioso que tedes;como se soe dicir, para o curso que ven, máis e mellor!! ¡UNHA GRANDE APERTA FAMILIAS!






















 ¡ATA PRONTO!

viernes, 17 de junio de 2016

RECOLLIDA DAS LEITUGAS


 "Mucha gente pequeña en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo"

Eduardo Galeano.



Como xa sabedes, onte levaron as leitugas para casa, coa axuda de Bety as recolleron da horta, leitugas que elas e eles mesmos plantaron e regaron, e en moitas ocasións coa auga recollida cos deshumidificadores da escola. 

Todo o que nós plantamos o facemos de xeito totamente ecolóxico, respectando o noso planeta e os ritmos da natureza e valorando o esforzo e o traballo da xente que vive do campo. 

En todo este proceso de observación, plantación e coidado das distintas plantas que temos na horta estiveron guiados por Bety.












 

jueves, 16 de junio de 2016

APRENDO A PENSAR



"La educación es el encendido de una llama, no el llenado de un recipiente"

Sócrates.

Hoxe vos amoso a fotografías dun traballo que fixemos xa hai algúns meses pero que ata agora non puiden mostrarvos. É un traballiño sinxelo no que á parte manual refírese pero o importante desta actividade é que fomenta e axuda aos nenos e nenas a pensar, a discurrir e inventar, cousa moi importante.

Se lles presenta uns monigotes con forma humana e se lles ofrecen multitud de posibilidades para facer unha personaxe, a que lles apetezca,pode ser real ou imaxinaria, pode ser humano ou non...

A continuación reunímonos na asamblea e cada quen presenta ao seu personaxe,  lle pon nome á súa creación e fala acerca do que lle gusta comer ou a qué lle gusta xogar á súa criatura. Ainda que vos poda parecer sinxelo, este tipo de actividades ao principio lles costa moito traballo, faremos moitas actividades como esta, na que se fomente o feito de pensar no próximo curso aumentando a complexidade progresivamente.

















jueves, 9 de junio de 2016

EXCURSIÓN AO MUNCYT

O pasado venres 27 de Maio fomos de excursión ao Muncyt onde puidemos aprender moitas cousas.

O primero que fixemos ao chegar alí foi un helicóptero de papel, cando xa o tiñamos rematado puxémolo a voar, as vistas dende a sala onde traballamos eran espectaculares!

A continuación tivemos unha interesante charla con dous robots na que lles contamos que na escola tamén hai dous robots aínda que máis pequeniños.

Logo puidemos dar un paseo polo museo vendo cousas tan inetersantes como os fotogramas de Brancaneves, os primeiros ordenadores...etc,pero o que máis nos gustou foi entrar nun avión e sentarnos como auténticos pasaxeir@s.

Estamos desexando facer outra excursión!













Por outra banda na escola xa empezamos a recoller os rabanitos que plantáramos con Bety.