"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

viernes, 10 de febrero de 2017

A ORQUESTRA DE BARTOLO



 Escoitamos o conto Paco y el rock, un conto onde o protagonista vai atopando músicos e músicas polas rúas de Londres e ao final decide formar unha banda de rock. Este é un conto musical que lles encantou xa que a medida que aparecen os distintos instrumentos se poden escoitar os sons que producen premendo neles. A partir deste conto xurdiu un grande interese por coñecer mais instrumentos así que andamos a investigar acerca dos instrumentos musicais e ademais decidimos formar unha orquestra a patir dunha canción: A orquestra de Bartolo.





A orquestra de Bartolo é unha canción sinxela na que podemos combinar  distintos ritmos  e tamén o ruido  co silencio, xa que no medio da canción Bartolo bótase a durmir, nós quedamos mudiños e logo temos que despertalo cun berrido para seguir tocando.

Como unha orquestra non é orquestra sen instrumentos e nós xa sabemos que os tambores  pódense facer prefectamente con caixas e botes vellos pois alá fomos ao almacén da escola a buscar caixas vellas pra facer de tambores e como baquetas nada mellor que pinceis que xa non serven por teren as cerdas moi gastadas.




Xa somos unha orquestra, pouco a pouco vamos aprendendo distintos ritmos cada vez máis complexos e intentando coordinarnos, cousa difícil a verdade, ademais de ir metendo outros instrumentos como as maracas ou o triángulo, a armónica e os cascabeis.

Con esta actividade o pasan moi ben, disfrutan moito tocando o tambor e sobretodo despertando a Bartolo. 





 BARTOLO DESPERTAAAAA!!!!!!!


martes, 7 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ


O pasado luns celebramos na escola o DÍA DA PAZ.  Aínda que aquí traballamos en prol da paz tódolos días non está de mais adicar un día en concreto para traballar esta temática.

Pra nós o Día da Paz vai ser o inicio dun pequeno proxecto transversal no que traballaremos a temática do acoso escolar, adicarei outra publicación a este traballo.

Comezamos a xornada facendo a nosa asamblea diaria, falando da Paz, do que senten e pensan que é a Paz e cómo nós podemos construila. Teñen moi claro que as pelexas no recreo e portarse mal na casa non é facer a Paz.  



Escribimos a palabra PAZ  e ecoitamos o conto "Orellas de bolboreta", a historia dunha nena que sofre as burlas diarias dos seus compañeiros e compañeiras por mor das súas grandes orellas, a súa roupa e o seu pelo. Falamos sobre o conto, sobre cómo se sente Mara, a protagonista, cómo podemos axudala e cómo hai que tratar ás personas, sempre con respecto...como vos dicía antes iniciamos un proxecto acerca do acoso escolar, mais adiante vos contarei con mais detalle.










De seguido fomos á aula de psicomotricidade onde celebramos co resto de compañeiros e compañeiras da escola.




Fixemos bailes do mundo e xogos cooperativos, pasámolo pipa e para rematar degustamos flocos de millo, de volta na aula cada pequevilocho fregou o seu vaso para que vaian collendo responsabilidades e sendo cada vez mais autónomos.
 






























Foi unha celebración estupenda e esperamos que as sementes da paz que sembramos nos seus corazóns medren fortes, non vos esquecedes de regalas na casa! ;)