Escoitamos o conto Paco y el rock, un conto onde o protagonista vai atopando músicos e músicas polas rúas de Londres e ao final decide formar unha banda de rock. Este é un conto musical que lles encantou xa que a medida que aparecen os distintos instrumentos se poden escoitar os sons que producen premendo neles. A partir deste conto xurdiu un grande interese por coñecer mais instrumentos así que andamos a investigar acerca dos instrumentos musicais e ademais decidimos formar unha orquestra a patir dunha canción: A orquestra de Bartolo.
A orquestra de Bartolo é unha canción sinxela na que podemos combinar distintos ritmos e tamén o ruido co silencio, xa que no medio da canción Bartolo bótase a durmir, nós quedamos mudiños e logo temos que despertalo cun berrido para seguir tocando.
Como unha orquestra non é orquestra sen instrumentos e nós xa sabemos que os tambores pódense facer prefectamente con caixas e botes vellos pois alá fomos ao almacén da escola a buscar caixas vellas pra facer de tambores e como baquetas nada mellor que pinceis que xa non serven por teren as cerdas moi gastadas.
Xa somos unha orquestra, pouco a pouco vamos aprendendo distintos ritmos cada vez máis complexos e intentando coordinarnos, cousa difícil a verdade, ademais de ir metendo outros instrumentos como as maracas ou o triángulo, a armónica e os cascabeis.
Con esta actividade o pasan moi ben, disfrutan moito tocando o tambor e sobretodo despertando a Bartolo.
BARTOLO DESPERTAAAAA!!!!!!!
Tremendos artistas!!
ResponderEliminarDesde luego que sí! Ya disfrutaréis de su actuación estelar en el día del libro ;)
Eliminar