O pasado luns celebramos na escola o DÍA DA PAZ. Aínda que aquí traballamos en prol da paz tódolos días non está de mais adicar un día en concreto para traballar esta temática.
Pra nós o Día da Paz vai ser o inicio dun pequeno proxecto transversal no que traballaremos a temática do acoso escolar, adicarei outra publicación a este traballo.
Comezamos a xornada facendo a nosa asamblea diaria, falando da Paz, do que senten e pensan que é a Paz e cómo nós podemos construila. Teñen moi claro que as pelexas no recreo e portarse mal na casa non é facer a Paz.
Escribimos a palabra PAZ e ecoitamos o conto "Orellas de bolboreta", a historia dunha nena que sofre as burlas diarias dos seus compañeiros e compañeiras por mor das súas grandes orellas, a súa roupa e o seu pelo. Falamos sobre o conto, sobre cómo se sente Mara, a protagonista, cómo podemos axudala e cómo hai que tratar ás personas, sempre con respecto...como vos dicía antes iniciamos un proxecto acerca do acoso escolar, mais adiante vos contarei con mais detalle.
De seguido fomos á aula de psicomotricidade onde celebramos co resto de compañeiros e compañeiras da escola.
Fixemos bailes do mundo e xogos cooperativos, pasámolo pipa e para rematar degustamos flocos de millo, de volta na aula cada pequevilocho fregou o seu vaso para que vaian collendo responsabilidades e sendo cada vez mais autónomos.
Foi unha celebración estupenda e esperamos que as sementes da paz que sembramos nos seus corazóns medren fortes, non vos esquecedes de regalas na casa! ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario