Benqueridas familias vos desexo que pasedes un moi feliz Nadal na compañía dos vosos fillos e fillas, que o novo ano traia para todos e todas moita saúde e felicidade.
Por motivos técnicos non vos podo amosar as fotografías destas últimas semanas previas ao Nadal, espero poder amosárvolas á volta.
Como xa veredes mañá, levarán a casa os traballos escritos que fixemos durante este primeiro trimerstre, valorade o seu esforzo.
¡ATA O ANO QUE VEN!
"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"
María Montessori.
María Montessori.
jueves, 17 de diciembre de 2015
viernes, 27 de noviembre de 2015
TALLER DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO
Hoxe veu de visita Xose a facer con nós un taller de percusión con material de refugallo.
Con él aprendemos que moitas cousas que consideramos lixo poden ter outros usos, neste caso pódennos servir para facer música.
Comprobamos en primeira persona como eses materiais de refugallo son agora instrumentos musicais cos que tocamos todos xuntos diferentes ritmos e traballamos en concreto o ritmo lento e rápido e tamén probamos a tocar forte e suave. Este traballo sérvenos para afianzar estes conceptos básicos.
Foi un taller moi interesante, pasámolo xenial e... ¡Así comezamos con ritmo a fin de semana!
AS LATAS PÓDENNOS SERVIR PARA FACER PERCUSIÓN |
OS INSTRUMENTOS FEITOS CON MATERIAL DE REFUGALLO |
UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO CHEA DE ARROZ, SOA FENOMENAL |
MOVENDO UN ANACO DE TUBERÍA ESCOITAMOS UN SON SEMELLANTE AO VENTO |
CO NOSO CORPO TAMÉN PODEMOS FACER MÚSICA |
TOCAMOS TOD@S XUNT@S COMO NUNHA ORQUESTRA |
SEGUIMOS AS INSTRUCCIÓNS DE XOSE |
MOITAS GRAZAS XOSE POR TODO O QUE NOS ENSINACHES |
miércoles, 25 de noviembre de 2015
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNEO
AS PEQUEVILOCHAS E OS PEQUEVILOCHOS ESTAMOS TOTALMENTE EN CONTRA DA VIOLENCIA.
Dende a escola infantil facemos una importante labor preventiva que debedes continuar na casa fomentendo valores de paz, repecto e convivencia.
Hoxe levaremos o laciño lila como símbolo deste traballo.

martes, 24 de noviembre de 2015
TRES CHIVOS CHIVÓNS
Como xa vos comentei nunha entrada anterior estamos a traballar conceptos básicos e é necesario vivencialos de xeito motivador e significativo.
Para traballar os conceptos grande mediano e pequeno empreguei o conto dos "Tres chivos chivóns" pero en lugar de contarllo do xeito tradicional decidín facelo ca mesa de luz co cal traballamos tamén os conceptos opostos luz-escuridade.
Ao longo do presente curso faremos distintas experiencias relacionadas ca luz xa que este é o Ano Internacional da luz como xa saberedes pola exposición que tedes na porta e a temática dos contos expostos nas estanterías da entrada á escola.
¡ENCANTOULLES A EXPERIENCIA!

viernes, 20 de noviembre de 2015
CONCEPTOS BÁSICOS , VOCABULARIO E MOTRICIDADE FINA
Un traballo moi importante que se realiza na etapa de infantil é a adquisición de conceptos básicos e vocabulario. Son ferramentas intelectuais indispensables para a compresión do mundo e para a relación cos demáis.
Para fomentar a adquisición de vocabulario empregamos contos, bits de intelixencia, saídas polo patio, conversas, cancións... é moi importante falar cos cativos e aproveitar calquer momento para ensinarlles novas palabras (No momento do baño, no supermercado, na rúa...) que favorecerán e posibilitarán a súa comunicación co resto do mundo.
Para a aprendizaxe de conceptos básicos é necesario visualizar e experimentar o concepto que se está a traballar.
Para mellorar a súa motricidade fina o mellor truco é deixarlles que fagan, que toquen e traballen cas mans e así pouco a pouco e case sen darse conta vanse fortalecendo. Moitas veces por prisa ou por sermos demasiado perfeccionistas facemos nós o traballo, pero isto non lles axuda.
Vos deixo algunhas instantáneas deses momentos nos que traballamos conceptos básicos, vocabulario e motricidade fina.

CONTOS PARA TRABALLAR O VOCABULARIO |
FACÉMONOS MASAXES E TRABALLAMOS AS PARTES DA CARA |
COA PLASTILINA FORTALECEMOS AS NOSAS MANS |
MODELAMOS CON DIFERENTES FERRAMENTAS |
APRENDEMOS A ABOTONAR E DESABOTONAR |
TRABALLAMOS CON DISTINTOS TIPOS DE CERAS, ROTULADORES, LÁPICES,PUNZÓNS... |
VIVENCIAMOS CONCEPTOS BÁSICOS CON DISTINTAS EXPERIENCIAS, NESTE CASO FIXEMOS UN MURAL DE OBXECTOS GRANDES E PEQUENOS PARA COMPARALOS. |
miércoles, 11 de noviembre de 2015
LEITUGAS PARA CARACOIS
Hoxe recibimos a visita inesperada de Ana, unha compañeira da aula de catro anos, xusto cando íamos comezar a nosa asamblea. Ana veu mostrarnos dous "caracois bebés" que atopou na súa casa e que decidiu traer ao caracolario que teñen na clase. ¡Nótase que están moi motivados co tema!
Esta visita foi do máis oportuna xa que hoxe íamos plantar leitugas e coa motivación de alimentar aos caracois estaban entusiasmados, así que moitas grazas Ana.
Como xa vos dixen en entradas anteriores a nosa escola participa no proxecto de Voz Natura que se titula "Cos pes na terra" e neste caso o que puxemos na terra foron as nosas mans. O obxectivo fundamental desta actividade é coñecer a orixen dalgúns alimentos que comemos. Ademais diso, mediante este procedemento quero que aprendan os seguintes conceptos:
- As plantas aliméntanse polas raíces que están debaixo da terra
- As plantas necesitan terra, auga e luz.
O primeiro paso foi repartir as leitugas e observar as raíces.
A continuación plantámolas.
Botamos auga.
Poñémolas pegadas á parede para protexelas das xeadas do outono. ¡Qué ben plantamos!
Para rematar imos á clase de cinco anos que tamén van plantar leitugas a explicarlles cómo teñen que facer e todo o que aprendimos.
¡CÁNTO APRENDEMOS E QUÉ BEN O PASAMOS!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)