Como xa vos comentei nunha entrada anterior estamos a traballar conceptos básicos e é necesario vivencialos de xeito motivador e significativo.
Para traballar os conceptos grande mediano e pequeno empreguei o conto dos "Tres chivos chivóns" pero en lugar de contarllo do xeito tradicional decidín facelo ca mesa de luz co cal traballamos tamén os conceptos opostos luz-escuridade.
Ao longo do presente curso faremos distintas experiencias relacionadas ca luz xa que este é o Ano Internacional da luz como xa saberedes pola exposición que tedes na porta e a temática dos contos expostos nas estanterías da entrada á escola.
¡ENCANTOULLES A EXPERIENCIA!
Que atentos están!!
ResponderEliminarPois sí, gústanlles moito os contos pero ca mesa de luz aínda máis.
ResponderEliminar