Para fomentar a adquisición de vocabulario empregamos contos, bits de intelixencia, saídas polo patio, conversas, cancións... é moi importante falar cos cativos e aproveitar calquer momento para ensinarlles novas palabras (No momento do baño, no supermercado, na rúa...) que favorecerán e posibilitarán a súa comunicación co resto do mundo.
Para a aprendizaxe de conceptos básicos é necesario visualizar e experimentar o concepto que se está a traballar.
Para mellorar a súa motricidade fina o mellor truco é deixarlles que fagan, que toquen e traballen cas mans e así pouco a pouco e case sen darse conta vanse fortalecendo. Moitas veces por prisa ou por sermos demasiado perfeccionistas facemos nós o traballo, pero isto non lles axuda.
Vos deixo algunhas instantáneas deses momentos nos que traballamos conceptos básicos, vocabulario e motricidade fina.
CONTOS PARA TRABALLAR O VOCABULARIO |
FACÉMONOS MASAXES E TRABALLAMOS AS PARTES DA CARA |
COA PLASTILINA FORTALECEMOS AS NOSAS MANS |
MODELAMOS CON DIFERENTES FERRAMENTAS |
APRENDEMOS A ABOTONAR E DESABOTONAR |
TRABALLAMOS CON DISTINTOS TIPOS DE CERAS, ROTULADORES, LÁPICES,PUNZÓNS... |
VIVENCIAMOS CONCEPTOS BÁSICOS CON DISTINTAS EXPERIENCIAS, NESTE CASO FIXEMOS UN MURAL DE OBXECTOS GRANDES E PEQUENOS PARA COMPARALOS. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario