"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

miércoles, 11 de noviembre de 2015

LEITUGAS PARA CARACOIS

Hoxe recibimos a visita inesperada de Ana, unha compañeira da aula de catro anos, xusto cando íamos  comezar a nosa asamblea. Ana veu  mostrarnos dous "caracois bebés" que atopou na súa casa e que decidiu traer ao caracolario que teñen na clase. ¡Nótase que están moi motivados co tema!

Esta visita foi do máis oportuna xa que hoxe íamos plantar leitugas e coa motivación de alimentar aos caracois estaban entusiasmados, así que moitas grazas Ana.




Como xa vos dixen en entradas anteriores a nosa escola participa no proxecto de Voz Natura que se titula "Cos pes na terra" e neste caso o que puxemos na terra foron as nosas mans. O obxectivo fundamental desta actividade é coñecer a orixen dalgúns alimentos que comemos. Ademais diso, mediante este procedemento quero que aprendan os seguintes conceptos:

- As plantas aliméntanse polas raíces que están debaixo da      terra
- As plantas necesitan terra, auga e luz.







O primeiro paso foi repartir as leitugas e observar as raíces.












A continuación plantámolas.















Botamos auga.








Poñémolas pegadas á parede para protexelas das xeadas do outono. ¡Qué ben plantamos!



Para rematar imos á clase de cinco anos que tamén van plantar leitugas a explicarlles cómo teñen que facer e todo o que aprendimos.



¡CÁNTO APRENDEMOS E QUÉ BEN O PASAMOS!

2 comentarios:

  1. Hugo xa esta deseando que crezcan as leitugas pa enseňarnolas

    ResponderEliminar
  2. Pois van medrando e dentro de pouco daredes boa conta delas nunha rica ensalada 100% ecolóxica :)

    ResponderEliminar