Hoxe veu de visita Xose a facer con nós un taller de percusión con material de refugallo.
Con él aprendemos que moitas cousas que consideramos lixo poden ter outros usos, neste caso pódennos servir para facer música.
Comprobamos en primeira persona como eses materiais de refugallo son agora instrumentos musicais cos que tocamos todos xuntos diferentes ritmos e traballamos en concreto o ritmo lento e rápido e tamén probamos a tocar forte e suave. Este traballo sérvenos para afianzar estes conceptos básicos.
Foi un taller moi interesante, pasámolo xenial e... ¡Así comezamos con ritmo a fin de semana!
AS LATAS PÓDENNOS SERVIR PARA FACER PERCUSIÓN |
OS INSTRUMENTOS FEITOS CON MATERIAL DE REFUGALLO |
UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO CHEA DE ARROZ, SOA FENOMENAL |
MOVENDO UN ANACO DE TUBERÍA ESCOITAMOS UN SON SEMELLANTE AO VENTO |
CO NOSO CORPO TAMÉN PODEMOS FACER MÚSICA |
TOCAMOS TOD@S XUNT@S COMO NUNHA ORQUESTRA |
SEGUIMOS AS INSTRUCCIÓNS DE XOSE |
MOITAS GRAZAS XOSE POR TODO O QUE NOS ENSINACHES |