Rosalía de Castro.
Onte celebramos o Día Internacional da Muller e qué mellor xeito de facelo que invitar ás nais dos nenos e nenas da clase.
Algunhas familias non puideron participar na actividade por distintos motivos e no caso de Hugo como a súa nai non puido vir veu o seu pai e estivemos encantados de recibilo.
Comezamos a xornada facendo as rutinas iniciais, saudándonos e explicando o motivo da celebración desta data. Unha explicación sinxela por mor da idade do alumnado.
A continuación conteilles o "Libro dos porcos" mediante proxección na PDI, neste libro cóntasenos que o señor porcón e os seus fillos non colaboran nas tarefas da casa ate que a señora porcona cansada de tal abuso abandona a casa e os deixa solos para que aprendan a lección. Con este conto os nenos e nenas aprenden que todas as personas que conviven nunha casa teñen que colaborar para convivir felices e en armonía.
Despois do conto fixemos un rico biscoito no que cada un aportou un ingrediente (o biscoito vainos servir como elemento motivador para a seguinte unidade didáctica que imos traballar: Os alimentos)
Mentres o biscoito se quentaba no forno Vanessa, Irene, José e Estefanía falaron dos seus traballos. Vanessa e José traballan como amos de casa, Irene é enfermera e Fany traballa de dependenta.
Por último tomamos o biscoito!
Quero dar as grazas a Vanessa, Irene, José, Estefanía e sobretodo a Mauro ;) por asistir e compartir connosco un ratiño tan agradable. Para os que non puideron vir non vos preocupedes que mais adiante teredes oportunidade.
PROBAMOS O AZUCRE E OBSERVAMOS OS INGREDIENTES. |
O BISCOITO LEVA AZUCRE, FARIÑA, 1IOGUR, RAIADURA DE LIMÓN, 3 OVOS, 1 SOBRE DE LEVADURA E ACEITE DE OLIVA VIRXEN. |
BOTAMOS O IOGUR. |
BOTAMOS 3 VECES A MEDIDA DO IOGUR DE FARIÑA |
AÑADIMOS 2 VECES A MEDIDA DO IOGUR DE AZUCRE |
E TAMÉN 1 VEZ A MEDIDA DO IOGUR DE ACEITE |
POR ÚLTIMO OS TRES OVOS E A RAIADURA DO LIMÓN |
¡SEN ESQUECER A LEVADURA! |
¡¡¡A REMOVER!!! |
NUN MOLDE, METÉMOLO NO FORNO PRECALENTADO A 180º, DURANTE 45´ APROXIMADAMENTE. |
E MENTRES A DEIXAR TODO BEN LIMPIÑO |
ESCOITAMOS ÁS NAIS E O PAI CONTARNOS OS SEUS TRABALLOS |
ESCOITAMOS OS LATIDOS DO NOSO CORAZÓN CO FONENDOSCOPIO |
POR FIN ESTÁ O BISCOITO, UN PELÍN QUEMADO PERO RICO RICO! |
E...¡A COMER!
O PAI DE UXÍA TAMÉN ESTIVO UNS INTRES CONNOSCO |
ATA A PRÓXIMA AMIGUIÑ@S.
Pasamolo pipa!un placer celebrar a mañan no cole.e un bizcocho riquisimo. Moitas gracias Isa!
ResponderEliminarFoi todo un pracer :)
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarGracias a ti Isa! Matías, Mauro y yo lo pasamos muy bien!! :)
ResponderEliminarMe alegro mucho!
ResponderEliminarGracias a Isa foi todo un placer compartir esta experiencia contigo e cos cativos,tanto Hugo coma eu pagamolo xenial
ResponderEliminarEles quedaron encantados de que viñérades, así da gusto aprender e vir á escola. Xa inventarei algo para o terceiro trimestre :)
ResponderEliminar