"La primera tarea de la educación es agitar la vida, pero dejándola libre para que se desarrolle"

María Montessori.

viernes, 18 de marzo de 2016

O NOSO CORPO

" El cuerpo no es más que una mera proyección de la mente y la mente no es más que un pobre reflejo del corazón radiante"

Ramana Maharshi



Rematamos o trimestre pechando o tema do corpo que levounos bastante tempo xa que hai moito que aprender dese universo incríble que levamos dentro da nosa pel.

Despois de ter claros os coñecementos previos que tiñan sobre esta temática empezamos a traballar.

Cada día fomos escoitando diferentes contos sobre o corpo humano que foron quedándose na aula no carriño temático no que sempre hai contos relacionados co tema que estamos a traballar. Despois da merenda teñen libre acceso a estes contos.

Como xa sabedes trouxeron fotos  de cando eran bebés e llas mostraron ás súas compañeiras e compañeiros e logo fixemos un mural con elas e o mesmo cos obxectos que trouxeron. Aprenderon que as personas medran con tempo e que todos nacemos sendo bebés e saímos da barriga da nosa nai.

Con respecto ao interior do corpo non quixen meterme moito pola idade e quedámonos con algunhas cousas moi sinxelas:

  • Temos ósos duros que podemos notar palpando e o conxunto de todos ese ósos cámase esqueleto.

  • Temos dous "globos" que se hinchan e deshinchan cando respiramos que son os pulmóns.

  • A comida que inxerimos vai a un "saquiño" que temos na barriga chamado estómago.

  • Temos un "motor" que se move e nunca descansa que é o corazón e que está no peito e que puidemos escoitar gracias ao fonendoscopio de Irene

Outras cousas importantes que aprendemos foron:

  • Os nenos e nenas somos iguais o único que nos fai diferentes é que os nenos teñen pene e as nenas bulba.

  • O corpo hai que cuidalo e mimalo coma un tesouro con hábitos saludables e unha boa hixiene. Se enfermamos temos que ir ao médico.

  • Traballamos tamén as partes da cara e as diferencias na cor da nosa pel, pelo e ollos.

Aquí vos amoso algunhas fotografías:




O CARRIÑO TEMÁTICO CHEO DE CONTOS DO CORPO HUMANO







MURAIS PARA TRABALLAR CONCEPTOS: ESQUELETO, PULMÒNS ESTÒMAGO E CORAZÒN.

AMOSAN AS FOTOS DE CANDO ERAN BEBÉS.

BUSCAMOS SEMELLANZAS E DIFERENZAS


EXPLICAN OS OBXECTOS QUE TROUXERON E PARA QUÉ SERVEN.

INICIÁMONOS NO USO DAS TESOIRAS FACENDO UN CREBACABEZAS DO CORPO










FACEMOS CREBACABEZAS DO CORPO HUMANO





Isto sólo é unha pequena mostra do moito que traballaron.

¡Disfrutade moito destes días festivos familias!















No hay comentarios:

Publicar un comentario