"El beso es un dulce movimiento que la naturaleza ha inventado para cerrar las conversaciones cuando las palabras se vuelven inútiles."
Ingrid Bergman.
Hoxe na asamblea escoitamos o conto "Coas mans baleiras" no que Alba vai ao aniversario do seu avó e non lle leva ningún agasallo pero a Mario non lle importa xa que o mellor agasallo do mundo é a visita da súa neta. Así a partires deste conto falamos un anaquiño do amor, do cariño, das caricias e apertas.
Despois da merenda e con ese regustiño doce que nos deixa falar de temas tan bonitos puxémonos a plantar amorodos que cando medren e den froito serán de cor vermello. Isto último foi obxecto de debate pois algún pequevilocho despistado dicía que os amorodos son laranxas e mesmo enfadouse un pouco cando lle levamos a contraria. Despois de ver algunha foto quedouse convencido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario